Páxinas

mércores, 14 de maio de 2014

23 de Abril, Día do Libro

Para celebrar o día do libro entrevistamos a Miguel, un compañeiro que escribui un conto. Aquí tedes a entrevista e o conto titulado "Mariposita y mariquitilla". Esperamos que vos guste.

ENTREVISTA A MIGUEL BUGARÍN
 
1.- Canto tardaches en facer o libro?
- Miguel Bugarín.- 30 minutos aproximadamente.
 
2.- Custouche moito?
- M.B.- Si, bastante, porque primeiro tiven que pensar e logo buscar un título.
 
3.- Tes pensado facer máis libros da colección “Mariposita y Mariquitilla”?
M.B.- Sí, seguramente.
 
4.- Como se te ocurriu?
M.B.- Teño un curmán que é un bebé e quería facerlle un agasallo.
 
5.- Pensaches moito antes de escribilo?
M.B.- Bastante.
 
6.- Estás satisfeito con el?
M.B.- Si.
 
7.- Por que os protagonistas son animais?
M.B.- Porque estaba a xogar coa miña irmá á “mariquitilla”.
 
8.- A túa irmá e máis ti o pasastes ben facéndoo?
M.B.- Si, pero o libro fíxeno eu, a miña irmá axudoume coas personaxes.
 
9.-Por que puxeches a Pepe de cor amarela?
M.B.- Porque cando nacen son dunha cor entre branca e amarela.
 
10.- Por que puxeches un bebé se ela non tiña marido?
M.B.- Porque se divorciaron.
 
11.- Por que decidiches chamar Pepe ao fillo?
M.B.- Ao principio pensei en chamarlle Gusi, pero non lle pegaba porque é unha larva, así que exprimínme e chameino Pepe.
 
12.- Por que fixeches o libro para o teu curmán?
M.B.- Porque cando comece a ler terá que ter libros con frases curtas.