Páxinas

martes, 23 de decembro de 2014

No día da tradición oral estivemos moi atentos e partipamos con eles. 

Os de tercero estamos a realizar co resto do cole  o noso horto escolar, estas son algunhas mostras.


Benvidos ao novo curso 2014-15, os nenos de terceiro amosaran moitas actividades que vaian realizando durante o que queda. 


martes, 28 de outubro de 2014

REPRESENTACIÓN DUN CONTO

Para facer máis divertida a hora de ler, varios nenos e nenas de 4º de E.Primaria aprenderon o conto dos 3 cerdiños con diferentes signos e empregando pictogramas, para despois poder contarllo aos seus compañeiros e compañeiras de clase, así como visitar diferentes clases do colexio. 

Aquí están os vídeos que demostran o ben que o fixeron... Parabéns rapaces!








mércores, 14 de maio de 2014

23 de Abril, Día do Libro

Para celebrar o día do libro entrevistamos a Miguel, un compañeiro que escribui un conto. Aquí tedes a entrevista e o conto titulado "Mariposita y mariquitilla". Esperamos que vos guste.

ENTREVISTA A MIGUEL BUGARÍN
 
1.- Canto tardaches en facer o libro?
- Miguel Bugarín.- 30 minutos aproximadamente.
 
2.- Custouche moito?
- M.B.- Si, bastante, porque primeiro tiven que pensar e logo buscar un título.
 
3.- Tes pensado facer máis libros da colección “Mariposita y Mariquitilla”?
M.B.- Sí, seguramente.
 
4.- Como se te ocurriu?
M.B.- Teño un curmán que é un bebé e quería facerlle un agasallo.
 
5.- Pensaches moito antes de escribilo?
M.B.- Bastante.
 
6.- Estás satisfeito con el?
M.B.- Si.
 
7.- Por que os protagonistas son animais?
M.B.- Porque estaba a xogar coa miña irmá á “mariquitilla”.
 
8.- A túa irmá e máis ti o pasastes ben facéndoo?
M.B.- Si, pero o libro fíxeno eu, a miña irmá axudoume coas personaxes.
 
9.-Por que puxeches a Pepe de cor amarela?
M.B.- Porque cando nacen son dunha cor entre branca e amarela.
 
10.- Por que puxeches un bebé se ela non tiña marido?
M.B.- Porque se divorciaron.
 
11.- Por que decidiches chamar Pepe ao fillo?
M.B.- Ao principio pensei en chamarlle Gusi, pero non lle pegaba porque é unha larva, así que exprimínme e chameino Pepe.
 
12.- Por que fixeches o libro para o teu curmán?
M.B.- Porque cando comece a ler terá que ter libros con frases curtas.
 
 

venres, 21 de marzo de 2014

ENTROIDO


ENTROIDO

NESTE ENTROIDO DISFRAZÁMONOS DE ARTE RUPESTRE, DESEÑANDO AS NOSAS PROPIAS PINTURAS. FOI MOI DIVERTIDO E APRENDEMOS COMO, QUE E POR QUE PINTABAN OS HOMES E MULLERES QUE VIVÍAN NO PALEOLÍTICO.





venres, 7 de marzo de 2014

LANDART INVERNO

Chegou o inverno. E que inverno! Non para de chover. Pero iso non nos impediu seguir adiante no cole co proxecto sobre froitas. Agora toca traer froitas de inverno coas que fixemos una exposición. Unha vez rematada, aproveitamos as froitas para facer arte. Mirade que ben quedaron os nosos cadros de froitas.


              
                                          LANDART INVERNO

sábado, 11 de xaneiro de 2014

VISITA A FARO DE VIGO

O día 4 de decembro visitamos as instalacións do xornal "Faro de Vigo", en Chapela.
O que máis nos sorprendeu foi a rotativa, a pesares de que non podeimos vela en funcionamento, xa que só funciona pola noite, pero poidemos facernos una idea bastante clara do proceso que seguen as noticias dende que chegan á redacción ata que as lemos impresas en papel ao día seguinte. Aínda que agora xa podemos ler as noticias no momento en que suceden na edición dixital deste xornal.
Pasámolo moi ben e aprendemos moito.